post

 

Neste Primeiro de Maio, a CGT da Coruña convoca manifestación que sairá da praza de Pontevedra ás 12:30 horas, manifestación que percorrerá o centro da cidade e rematará no Campo da Leña. A manifestación celebrarase conxuntamente cos sindicatos CUT, STEGA, SF e SE.

A situación dos traballadores non fai máis que empeorar, a pesar das “boísima situación económica” que ten o país, segundo o goberno. Salarios de miseria e condicións laborais de escravitude son situacións cotiás que non podemos seguir aturando.

Por iso hai que seguir nas rúas, para amosar a nosa protesta, para reclamar dignidade, para dicirlles aos poderosos que non imos continuar tragando as súas imposicións e que imos acabar con este sistema capitalista inxusto e insolidario.

Comité Local da CGT da Coruña

Share on FacebookTweet about this on Twitter