post

 

Baixo o lema inicial “Contra o paro e a precariedade. Pola Defensa dos Servizos Públicos … A loita continúa”, a CGT de Pontevedra convoca este 1º de Maio unha manifestación, con saída ás 12,45h da Praza da Ferrería e finalización diante da Sub-delegación do goberno.

É outro Primeiro de Maio para recordar e recoñecer que –tal como ocurríu en 1886, en Chicago, na loita pola Xornada universal de 8 horas- a única resposta eficaz contra as inxustizas provocadas polo rexime económico, social e político autoritario que (des)goberna e tiraniza ó conxunto da sociedade é a movilización, a reivindicación consciente e a auto-organización da clase traballadora.

Unha vez máis dispoñémonos a manifestar en Pontevedra que a loita continúa, pois están moi lonxe de cumprirse as nosas reivindicacións de igualdade e reparto da riqueza social e os nosos ideais de xustiza e liberdade:

– Contra o paro, a precariedade laboral e a exclusión social;

– Para combatir a desigualdade, a devastación da natureza, a corrupción xeneralizada e o saqueo do patrimonio público e a usurpación da riqueza social, colectivamente construida, dispostos a evitar que a crise económica provocada pola codicia capitalista remate convertíndose nunha xigantesca estafa social;

– Para derogar a Reforma laboral e paralizar a política de recortes e privatizacións dos servizos públicos e os ataques os Sistemas Públicos de pensións, sanitario ou de ensino.

– Para acabar con todas as leises Mordaza e desafiar á violenta represión institucional que usan os poderosos de toda sorte para soster o actual réxime de inxustiza e explotación laboral, económica e social.

– Para lograr, entre todos, sin xefes nin amos, unha sociedade xusta e libre, en igualdade e, por tanto, combatir o rexime capitalista e os Estados fortaleza que asesinan cada día a centos de persoas: afogándoas, bombardeándooas, escravizándoas, condenándos á fame, á malnutrición e á miseria máis insufrible.

Por estas razóns, a CGT de Pontevedra fai un chamamento ó conxunto da clase traballadora e a toda sociedade pontevedresa para que acuda os actos deste 1º de Maio e manifeste o seu compromiso coa loita colectiva por una sociedade libre de explotación e de sumisións ós poderosos, económicos e políticos, que nos agravian e humillan.

 

POLA DIGNIDADE,

POLA AUTO-ORGANIZACIÓN DA CLASE TRABALLADORA

PARA REMATAR COA INXUSTIZA E A EXPLOTACIÓN

 

¡ACUDIDE a manifestación do 1º de maio, convocada por CGT en Pontevedra!

Saída: 12:45h, da Praza da Peregrina

 

Comité Local – CGT Pontevedra

Share on FacebookTweet about this on Twitter