CGT de Galicia
http://www.cgtgalicia.org/2017/03/vigo-reunion-representantes-cgt-ante-a-nova-situacion-de-opel-e-psa/
Export date: Fri Dec 4 20:21:06 2020 / +0000 GMT

[Vigo] Reunión representantes CGT ante a nova situación de Opel e PSA





Reunímonos en Vigo representantes da CGT das factorías de PSA Vigo e Villaverde así como Opel Figueruelas para analizar a situación na que se atopan os traballadores do grupo ante a absorción da Opel por parte da firma automobilística francesa. A CGT propoñerá a CUT e CIG unha unión sindical que vele polos dereitos dos traballadores xa que ven "pola experiencia previa" que a integración de Opel supoñerá novos recortes nos dereitos dos e das traballadoras.


César Yagües, da CGT Zaragoza, destacou que tras o anuncio da absorción a dirección da planta comunicou que a adxudicación do Opel Corsa, modelo histórico na factoría, suspendíase temporalmente. Yagües denuncia que desde o Grupo PSA propoñeranse novos "concursos de beleza" nos que se fará competir ás factorías españolas para "rebaixar as súas condicións laborais para recibir novos modelos". Nós demandamos que a repartición de modelos "debe ser equtativa para dar traballo a todos os empregados" e que este tipo de movementos "efrentan ás factorías e os traballadores".
Post date: 2017-03-26 13:48:39
Post date GMT: 2017-03-26 12:48:39

Post modified date: 2017-04-05 15:14:05
Post modified date GMT: 2017-04-05 14:14:05

Export date: Fri Dec 4 20:21:06 2020 / +0000 GMT
This page was exported from CGT de Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com