post

 

O día 24 as seccións de CGT de Correos da Zona 1 protestarán polo que consideran “O enterro de Correos“. Estades convidad@s ao velorio que se levará a cabo ás 12:00 na Praza Vermella, ás 13:00 na Praza do Toural e rematando ás 13:45 diante da dirección da Zona 1, na rúa do Franco, 4.

Esixirase mellor servizo postal no rural, a cobertura de todas as prazas, o fin da precariedade e un sistema de contratación transparente.

Agardamos representantes de León, Asturies, A Coruña, Ourense e Pontevedra, nunha primeira acción que pretende coordinarse con outras en todo o Estado.

ACUDE A TENTAR REVIVIR O SERVIZO POSTAL, PÚBLICO E DIGNO!!

Seccións Sindicais da CGT de Correos

Share on FacebookTweet about this on Twitter