post

 

A CGT de Galicia apoia a Marcha do persoal precario das Administracións Públicas que terá lugar o xoves, 16 de marzo en Compostela, por canto esa mobilización ten como obxectivo declarado denunciar unha situación de inxustiza o paro e a precariedade laboral, vivamente sentida por toda a afiliación da CGT.

A loita contra o paro, a precariedade e a explotación laboral representan reivindicacións principais que definen a acción sindical e social da CGT, aprobada reiteradamente nos seus Congresos e desenvolvida nas mobilizacións sostidas desde sempre por esta organización, incluídas varias Folgas Xerais.

A loita contra o paro, a precariedade e a explotación laboral compromete a toda a clase traballadora e, en particular, a toda a afiliación e militancia da CGT, independentemente da modalidade ou contido do seu contrato laboral ou da súa situación de emprego. Tanto o “paro” como a “precariedade laboral” ou a “explotación laboral” son danos e violencias que e implican a todos os traballadores, sexa como realidade inminente, sexa como ameaza omnipresente.

Neste aspecto, dita loita non pode, nin debe sectorializarse, segregarse ou illarse, sexa simbólica ou realmente, da loita común cotiá en defensa  dos intereses da clase traballadora e esta sectorialización compromete a eficacia da mobilización emprendida.

Por iso, o chamamento da CGT non se fai exclusivamente aos traballadores precarios da Administración Pública, nin sequera a todos os traballadores do devandito sector, senón a todos aqueles traballadores que poidan acudir a unha mobilización que a todos implica.

A Coruña, 14 de marzo de 2017

CGT de Galicia

Share on FacebookTweet about this on Twitter