post

 

Máis de cen mil traballadores en todo o Estado, convocados á folga do Telemárquetin este xoves 26 de xaneiro

A Confederación Xeral do Traballo (CXT) informa de que  este xoves 26 de xaneiro haberá unha nova folga sectorial do Telemárquetin en todo o Estado.

Tras máis de dous anos de negociación do novo convenio colectivo a patronal do sector segue mantendo a súa proposta de convenio continuista que pretende perpetuar condicións precarias para os teleoperadores.

Debido a esta folga, veranse bloqueados todos os servizos de atención ao cliente do Ibex 35, é dicir, as grandes empresas bancarias, enerxéticas, de telecomunicacións e mesmo administracións públicas de todo o Estado, xa que este sector é crucial para a prestación de servizos de atención á cidadanía e ao consumidor.

Nas principais cidades do Estado haberá actos públicos de protesta, onde se concentrarán os traballadores en folga. En Galicia:

  • Na Coruña: concentración fronte á tenda de Movistar, Praza de Pontevedra, ás 12: 00 horas.
  • En Vigo: manifestación ás 11:00 horas desde a Praza de España.
  • En Lugo: concentración ás 12:00 ante a empresa de telemárquetin Abante.

Sector do Telemárquetin

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email