santanderA CGT da Coruña comunica que, tras meses de mobilizacións, o Banco Santander aceptou retirar o traslado forzoso do compañeiro Carlos, que fora obrigado pola empresa a trasladarse desde Ferrol ata Viveiro, a 120 quilómetros do seu domicilio, A Coruña.

Carlos está a prestar os seus servizos en xornada reducida por conciliación laboral, xa que ten que coidar dunha filla pequena. Cando pechou a sucursal na que traballaba, en lugar de recolocalo como aos seus compañeiros, foi destinado forzoso a Viveiro. Carlos pediu ser destinado a Coruña, que é onde vive, varias veces durante os últimos anos, sen que a empresa atendese a súa petición a pesar de haber prazas vacantes.

Onte, día 12, tiña que ser o xuízo do caso. Previamente á vista, a empresa, tras facer varios ofrecementos económicos para que Carlos abandonase o banco, que foron rexeitados polo traballador, acabou ofrecendo a retirada do traslado, que si foi aceptada.

Para a CGT, con esta decisión o Banco Santander repara só parcialmente a inxustiza cometida con Carlos, xa que seguiremos reclamando que o compañeiro sexa destinado a Coruña canto antes. Soamente a teimudez da empresa provocou esta situación esperpéntica.

Para a CGT, o resultado desta loita demostrou que esta serve e que a mobilización pode ser eficaz se é constante e non se desfalece.

A LOITA DE CARLOS É A DE TOD@S!
CARLOS Á CORUÑA, XA!

Comité Local da CGT da Coruña

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email