stop-desafiuzamentosA CGT acordou apoiar e difundir a concentración que o venres, día 18, ás 12:00 horas, convoca Stop Desafiuzamentos da Coruña diante da Audiencia Provincial, para denunciar a actitudes dos xuíces da provincia que, sen atender ás sentenzas do Tribunal de Xustiza Europeo, seguen aplicando a lexislación española, moito máis lesiva para as persoas que teñan dificultades en pagar.

A CGT anima aos seus afiliados e simpatizantes a que acudan a esta concentración e que apoien as mobilizacións das organizacións contrarias aos desafiuzamentos das persoas.

Comité Local da CGT da Coruña

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email