luchamosAtento e Movistar queren partir a vida a 1000 traballador@s

A pasada semana Atento iniciou un proceso de modificación das condicións de traballo que afectará a máis de mil traballadores e traballadoras en todo o estado; os cambios supoñen perda de salario, cambios á quenda partida en persoas que recorren ao pruriemprego para poder ter salarios que lles permitan subsistir e así non van poder facelo, quendas de ata 9 días de traballo seguidos cada dúas semanas… todas estas salvaxes alteracións coa única escusa de que Movistar vai reducir o seu horario de atención comercial tres horas ao día.

No centro de traballo da Coruña a modificación afecta a 52 compañeir@s, das que máis da metade teñen a súa xornada reducida por coidado de familiar, e ás que a empresa pretende impoñer quendas partidas, desde as 11 ata as 20 horas, incluídos sábados e domingos, o que impide calquera forma de conciliación.

A CGT sostén que a escusa de Movistar e Atento é falsa e esconde un intento de levar a cabo centos de despedimentos de traballador@s, asignándolles horarios que saben que non poden asumir e así obrigarlles a deixar os seus postos de traballo.

Para esixir a retirada destas modificacións a CGT convoca paros (apoiados por CIG) de dúas horas por quenda este mércores 26, e de 24 horas os días 28 e 31 de outubro.

Este mércores 26, ás 12 horas, coincidindo co paro da quenda de mañá, CGT convoca CONCENTRACIÓN diante da tenda de Movistar (Praza de Pontevedra *nº 11).

Sección Sindical da CGT en Atento – A Coruña

 

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email