A CGcartel-proyecto-pontevedraT de Pontevedra convoca unha concentración o próximo xoves, día 20, ás 19:30 horas, na Praza da Peregrina, en Pontevedra, para denunciar a violencia do Estado eos seus brazos represivos: Leis, tribunais e fiscais Mordazas, capaces de ameazar con penas de 11 a 14 anos de cárcere a traballadores i estudiantes cuxo único ‘delito’ foi opoñerse -sin outra violencia que a pacífica ocupación das oficinas do rectorado universitario- a unha brutal suba do 66% das taxas e o despedimento de traballador@s.

En abril de 2013 realozouse unha ocupación do rectorado da Universidad Autónoma de Barcelona para esixir o cumprimento do acordo do claustro contraria a unha brutal suba do 66% das taxas e despedimento de traballador@s.

Varios profesores amosaron a súa solidariedade, entre eles Ermengol Gassiot, actual Secretario Xeral da CGT de Cataluña. Neste contexto, a CGT da universidade realizou unha férrea oposición ás políticas neoliberais de recortes lideradas polo rectorado.

A ex-vicerrectora Silvia Carrasco (de Iniciativa per Catalunya-Els Verts) presentou unha deuncia ante os mossos fabulando a existencia dun entramado político-estudantil-sindical con oscuros fins. Esta denuncia, respaldada polo rectorado puxo fácil á fiscalía a realización dunha brutal montaxe contra o movemento estudantil e o sindicalismo molesto.

25 estudantes, un traballador da Universidade e o Secretario Xeral da CGT de Cataluña atópanse cunha petición de penas de prisión de entre 11 e 14 anos, só equiparables a delitos de homicidio, segundo o actual Código Penal.

A CGT pide a solidariedade contra eta montaxe represiva. Queren atacar a protesta, o sindicalismo que non agacha a testa e dar un escarmento ao movemento estudantil.

Defender a Universidade Pública non é delicto!

Liberdade para os estudantes e traballadores da UAB!

 

Comité Local de CGT Pontevedra

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email