13975545_2090947474463692_2997845822209117183_oEste xoves, día 18 de agosto, ás 20:00 horas, a CGT volve convocar unha concentración diante do centro de traballo que a empresa Atento ten na Coruña (Juan Flórez, 89).

A CGT non vai permitir que esta empresa, continúe acosando e sancionando aos traballadores por motivos falsos con ata 60 días de suspensión de emprego e soldo. O único motivo real de Atento é intentar asustar aos traballadores que non aceptan as súa política de ameazas, coaccións e persecución constante, especialmente aos representantes e afiliados da CGT.

Entre os sancionados con 60 días sen cobrar está a Secretaria Xeral da Sección Estatal da CGT en Atento. A Sección Sindical conseguiu nestes últimos tempos parar un ERE, que tamén se cualificara como ERE encuberto unha serie de despedimentos fóra de toda norma, así como ten presentadas numerosas demandas na Inspección como nos Tribunais. Tamén a Sección se empregou contra os métodos coactivos de control da empresa, que pretende gravar a todos os traballadores durante todo o día, feito que consideramos contrario á dignidade e á boa fe contractual.

A CGT non vai parar nin no seu enfrontamento coa empresa mentres non cambie a súa tiránica política de persoal, nin vai deixar aos traballadores sancionados na estacada. Se a empresa quere pelexa, pelexa terá.

 DOUS MESES SEN COBRAR, TERRORISMO PATRONAL!

SE TOCAN A UNH@, TÓCANNOS A TOD@S!

NINGUNHA AGRESIÓN SEN RESPOSTA!

Sección Sindical da CGT en Atento – A Coruña

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email