Unipost abusoA CGT, xunto co resto das organización sindicais (CC.OO., USO e UGT), convocan paros parciais en todos os centros de traballo da empresa Unipost, entre os días 5 e 9 do mes de setembro. A estes paros, aos que están convocados todos os traballadores e traballadoras da empresa, serán de duas horas para quen teña xornadas de ata seis horas e de tres para os que as teñan superiores e realizaranse nas últimas horas da xornada laboral.

Os paros fanse para esixir á empresa que cumpra a normativa legal e convencional en canto ao pagamento puntual das nóminas dos traballadores, é dicir, en contra do impago e fraccionamento das nóminas mensuais, da paga extraordinaria de verán deste ano e tamén o impago de cantidades de retroactividade por sentenza do Tribunal Supremo.

A empresa Unipost mantén, na provincia da Coruña, os centros de traballo da Coruña e de Compostela.

Comité Local da CGT da Coruña