atento 11 de agosto

Ante a intransixente e agresiva actitude da patronal da empresa Atento, que decidiu manter as sancións de ata 60 días de suspensión de emprego e soldo a vari@s compañeir@s do centro de traballo na Coruña, a CGT decidiu que non cabe outra posibilidade que a continuidade da loita.

Por iso, a CGT convoca a toda a afiliación e simpatizantes, así como á cidadanía en xeral a apoiar a concentración quee terá lugar o próximo xoves, día 11, ás 12:00 horas diante do centro de traballo (Juan Flórez, 89).

Lembramos que o único motivo real para a imposición das sancións é o longo conflito que este sindicato manté con Atento para  poñer fin ao abusivo control do traballo que está afectando á saúde de gran parte do cadro de persoal, sendo un dos exasperantes métodos de control utilizado pola empresa o de aas constantes e abusivas grabacións das chamadas que hai que atender dos clientes de Movistar. A empresa está intentando rematar co conflicto atacando directmente aos traballadores e afiliados da CGT que presntan cara e non se someten a esta nova escravitude.

NINGUNHA AGRESIÓN SEN RESPOSTA!

DOUS MESES SEN COBRAR, TERRORISMO PATRONAL!

Comité Local da CGT da Coruña

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email