Despóis da farsa do acto de conciliación no SMAC, no que a empresa Atento propuxo «rebaixar» as sancións de 60 a 43 13886266_2081644245394015_1130755891143048550_ndías (mantendo a cualificación como moi grave), @s traballador@s decidiron continuar coas mobilizacións para enfrontarse á prepotencia da empresa e contra esta represión que está a desenvolver contra @s compañeir@s que non se deixan acocotar pola patronal.

Por iso, o próximo xoves, día 4 de agosto, a CGT da Coruña volve convocar unha concentración contra as sancións diante do centro de traballo (Juan Flórez, 89), ás 20:00 horas.

Ademáis de concentracións en todos os centros de Atento do resto de España, Barcelona, Lleida, Valencia, Madrid, Sevilla, León…), @s traballador@s en loita están a recibir a solidariedade de outras cidades, que se están a concretar en concentracións diante de oficinas ou tendas de Telefónica-Movistar (Pontevedra, Vigo, Valladolid, Pamplona, Burgos, etc).

Comité Local da CGT da Coruña

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email