CGT de Galicia
http://www.cgtgalicia.org/2016/06/readmision-despedidos-bbva/
Export date: Fri Dec 3 10:03:15 2021 / +0000 GMT

Readmisión despedidos BBVA


BBVA procedeu a despedir, sen apertura de Expediente Disciplinario previo, e por tanto en clara situación de indefensión, a 14 persoas á vez, baixo a acusación de "ruptura da boa fe contractual, por baixa produtividade". Maioritariamente ocupaban postos comerciais, aínda que tamén hai algún GAC, todos na Rede de Oficinas. O perfil dos 14 é "falta de ambición profesional", en palabras do Banco.

Que se despediu a 2 persoas por Territorial, coa excepción de 3 na Centro e 1 en Canarias, xa dá unha idea clara de que esta medida non ten nada que ver coa obxectividade nin coas persoas afectadas. Estamos ante unha agresión directa contra o emprego do conxunto do persoal. Buscan preparar o terreo e amedrentar ao conxunto de traballadores e traballadoras do BBVA. A orixe desta forma de actuar é consecuencia da mediocridade e incapacidade dos directivos do banco. Lonxe de asustarnos, só cabe responder coa contundencia que o momento require.

Todos os Sindicatos presentes na Empresa convocan a unha concentración ás portas de BBVA de 11:00 a 12:00 horas, (usa os teus 20 minutos de descanso e acompáñanos) o vindeiro luns 27 de Xuño en todo o Estado. En Galicia, na sede da Dirección Territorial do Noroeste, no Cantón Pequeno, 18-21 da Coruña.

SÓ HAI UNHA ACCIÓN POSITIVA QUE REALIZAR: PARTICIPAR E SUMAR CAPACIDADE COLECTIVA DE RESPOSTA. PORQUE MAÑÁ PÓDECHE TOCAR A TI.

Convocantes: CC.OO. - UXT - CGT - ACB - CIG - ELA - LAB - SCAT - CSC - SEC
Post date: 2016-06-22 18:31:31
Post date GMT: 2016-06-22 17:31:31

Post modified date: 2016-06-22 18:31:31
Post modified date GMT: 2016-06-22 17:31:31

Export date: Fri Dec 3 10:03:15 2021 / +0000 GMT
This page was exported from CGT de Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com