A empresa de telemarketing Atento continúa a súa guerra sucia contra os dereitos e a dignidade dos traballadores e traballadoras. O último, as sancións (inxustificadas e inxustas) de suspensión de emprego e soldo de 60 días a tres compañeiros e compañeiras: Juan, Rubén, e Montse (que ademais ocupa a responsabilidade da secretaría da CGT en Atento a nivel estatal), ademais de outra sanción de 4 días a Sabela. Por isto, a CGT de A Coruña ven de convocar un Paro de 24 horas, para o día 23 de xuño e unha Concentración ás 12 horas, diante da tenda de Movistar na Praza de Pontevedra, 4.

En solidariedade coas compañeiras e compañeiros de A Coruña, a CGT de Pontevedra convoca para ese mesmo día, 23 de xuño, e hora, 12:00h, unha Concentración diante da tenda de Movistar na rúa Rosalía de Castro nº 6 (perto do edificio da Audiencia).

CGT Pontevedra – Comité Local