PlacamonolitoComo todos os anos, a CGT celebrará unha ofrenda floral no monolito que as sociedades obreiras, por suscrición popular, erixiron o ano 1906 no cemiterio de San Amaro en memoria das vítimas da folga xeral que tivo lugar na Coruña os días 30 e 31 de maio de 1901. O acto terá lugar o próximo domingo, día 5 de xuño, ás 12:30 horas.

Ao remate do acto, trasladarémonos á Avenida de Navarra, para facer outra ofrenda no conxunto escultórico erixido en memoria das vítimas do franquismo.

Máis información sobre so sucesos de 1901: A folga de 1901, no blog Memoria Libertaria na Galiza.

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email