A3 Marea Blanca 2 bj_Galego (2)Continúa a loita en defensa da sanidade pública cunha nova Marea Branca, xa a 11ª, o vindeiro domingo 17 de abril, ás 12:30. Fronte as metiras dos gobernantes (o ministro Montoro culpabilizando aos doentes), fronte as listas de agarda, a escaseza de material e medios, ante a empleo de prótesis e materiais de inferior calidade aos empregados ata o de agora, co fin de aforrar custos, e que está a provocar dor e sufrimento as e os doentes, chega unha nova Marea Branca, reclamando a derrogación das leis 15/1997 de novas formas de xestión da sanidade, a 16/2012 de medidas de sostenibilidade do sistema, o artigo 135 da Constitución que pon a débeda por diante das necesidades básicas da cidadanía e o artigo 90 da lei Xeral de Sanidade que posibilita a concertación con centros privados.

CGT da Coruña chama a continuar a mobilización en defensa da sanidade pública, participando nesta nova edición da Marea Branca que terá lugar nas rúas de Lugo, Santiago, Pontevedra e A Coruña (Obelisco).

Comité Local da Coruña

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email