Cartel XornadasCGT-Pontevedra organiza na próxima semán (26 abril – 1 de maio) as Xornadas Libertarias. Comenzarán o luns, 26 de abril, coa inauguración da Exposición «La muerte de la libertad», sobor da represión do movemento libertario baixo o franquismo e rematarán o 1º de Maio, coa manifestación conxunta das organizacións anarcosindicalistas CGT e Sindicato Pontevedra Libertaria. Sigue o programa e calendario.

XORNADAS LIBERTARIAS

Pontevedra, 26 abril – 1º Maio

Lugar: Sala VerSus (r/ Gerardo Álvarez Limeses, nº 12)

Hora: Todos os actos, agás a manifestación, ás 20:00h

PROGRAMA

Luns 26 abril – Inauguración da Exposición “La muerte de la libertad” (A represión franquista do movemento libertario). Presentación da crónica “Crimen de Chicago” (Maio, 1876) de Ricardo Mella, por Miguel Ángel Cuña

Mércores 27 abril – Charla-coloquio: Defensa da Sanidade Pública. Relatores de Marea Branca de Pontevedra: Victoria Gutiérrez e Fernando Míguez.

Xoves 28 abril – Charla-coloquio: Defensa do Tren público e social. Relator: Ángel Valladares (secretario xeral da CGT Galicia)

Venres 29 abril – Charla-coloquio: “O anarquismo galego, onte e hoxe”. Relator: Eliseo Fernández Fernández (Historiador especialista na historia do movemento obreiro e do anarquismo na Galiza)

Sábado, 30 abril – Debate: Feminismo libertario: Prado Esteban (Ensaísta, especialista no eido do feminismo e anarquismo, Madrid) e Viki Criado (membro de CGT-Pais Valenciá e Dones Lliures, Alicante)

Domingo, 1º maio: MANIFESTACIÓN, 13:00h, dende a Praza da Ferrería.