IMG-20151215-WA0001De novo, a empresa Unipost volve saltar o pagamento da extra de Nadal aos seus traballadores e traballadoras, incumprindo todos os acordos establecidos nese senso e decidindo de xeito unilateral un calendario de pagamentos.
Na reunión celebrada en Barcelona o día 15 de decembro, a empresa ten comunicado que volverá a fraccionar a paga de Nadal en 4 prazos do 25%: o 5 de xaneiro (aínda que sen garantir); o 5 de abril, coa nómina de marzo; o 5 de maio coa nómina de abril; e o 5 de xuño, coa nómina de maio (abonando nesta última os xuros de mora).
A empresa asegurou o pago íntegro da nómina de decembro no vindeiro 5 de xaneiro e asegurou que dende o primeiro de xaneiro asumirá a recuperación do 2,5% das táboas salariais.
A CGT solicitou á empresa o pagamento íntegro da totalidade da paga e non vai a consentir máis retrasos. Acudirá novamente aos tribunais para que paguen canto antes. Asemade, a CGT lembra á empresa que o acordo vixente, no seu punto 6, afirma que a empresa aboará a paga de Nadal en tempo e forma, polo tanto volve a incumprir.
Ademais, a CGT recorda que existe unha comisión de seguimento encargada de velar polo cumprimento íntegro do acordo dado o compromiso firmado por Unipost-UGT-USO. Pese a ser eles os asinantes do acordo que establece o pagamento no día 15 de decembro, a UGT e USO solicitaron á empresa «que dea algo da paga», admitindo o incumprimento empresarial.

Sección Sindical da CGT en UNIPOST