Posponse sen data a concentración na Mutua «La Fraternidad», debido á convocatoria, por parte dela, dunha reunión a semana que ven, na que se vai dar resposta aos puntos importantes das reivindicacións dos traballadores.

Ante o maltrato que están a sofrir, por parte da mutua “La Fraternidad-Muprespa” os traballadores de Zara Logística, os sindicatos presentes no Comité de Empresa, entre os que está a CGT, decidiron convocar unha concentración o próximo mércores, día 25, ás 10:00 horas, ás portas da sede da Mutua, situada na Avenida do Exército, 12, da Coruña.

A CGT fai un chamamento aos seus afiliados e simpatizantes para que se sumen a esta concentración e se poida parar así, a práctica antiobreira de “La Fraternidad”.

Comité Local da Coruña

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email