cartaz_concentracion_atento_sept_2015O pasado 22 de setembro, a empresa Atento abriu expediente contraditorio por falta grave ou moi grave a Montse e Pilar, dúas delegadas da Sección Sindical da CGT en Atento Coruña, cunha sanción a determinar de ata 3 meses de emprego e soldo ou mesmo o despedimento (Represión sindical e laboral en Atento-A Coruña).
Atento pretende asustar e desmobilizar aos traballadores e traballadoras, consciente das consecuencias das recentes loitas promovidas pola CGT nos dous últimos anos: nulidade do ERE do pasado ano, nulidade dos despedimentos no ERE encuberto deste mesmo ano, denuncia das condicións de explotación a que os traballadores e traballadoras se ven sometidos, … demostrando que coa unión e a solidariedade facémonos mais fortes.
Así, o vindeiro venres 25 de setembro, ás 12 horas, terán lugar concentracións simultáneas baixo o lema “Paremos a represión!. Todos e todas somos Pilar e Montse!” nas plataformas de Atento na Coruña (rúa de Juan Flórez, 80-82), Sevilla, Bilbao, Valencia, Madrid, León, Santander, Lleida e Barcelona.

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email