Logo do peche do servizo de información 11822 na Coruña no pasado mes de abril, no que Atento despediu 17 traballadores e traballadoras, a CGT interpuxo demanda estatal por despedimento colectivo encuberto, ao sumar máis de 30 despedimentos en todo o estado durante os tres meses anteriores.

Unha sentenza da Audiencia Nacional ven de recoñecer que se trataba dun despedimento colectivo e debería que ter sido tramitado como un ERE. Ao ter burlado Atento o procedemento legal, a sentenza declara a nulidade dos despedimentos e obriga a empresa a reincorporar as traballadoras e traballadores incluídos na demanda.

Atento_foto

Ainda que Atento xa empezou a notificar por escrito ás traballadoras que non vai interpoñer recurso contra a sentenza e que deben incorporarse ao seu posto de traballo este venres, 17 de xullo, a CGT denuncia a represalia que está a tomar Atento por perder o xuízo: mentres esixe a devolución íntegra da indemnización percibida no momento dos despedimentos nun prazo de 48 horas, é moito máis flexible na súa obriga de aboar os salarios deixados de percibir dende o despedimento ata a reincorporación.

Sección Sindical da CGT en Atento na Coruña

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email