mani_correos_coruna_20141227A CGT chama a participar activamente o vindeiro 27 de decembro na Manifestación en defensa dun traballo digno en Correos, contra os recortes e por un servizo público postal, diario e de calidade. Os traballadores e traballadoras de Correos están a sufrir cargas de traballo inasumibles, que fan que se produzan retrasos nas entregas. e un incumprimento reiterado e clamoroso da lei do servizo postal universal. Os compañeiros e compañeiras da CGT en Correos seguen a denunciar o desmantelamento que está a sofrer o servizo postal universal e chama á cidadanía a non permitir o desmantelamento dun novo servizo público, uníndoso á manifestación que sairá do Obelisco ás 12:30 horas.

Mais información no Blog da Sección Sindical da CGT en Correos na Coruña

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email