A CGT chama a participar activamente o vindeiro 27 de decembro na Manifestación en defensa dun traballo digno en Correos, contra os recortes e por un servizo público postal, diario e de calidade. Os traballadores e traballadoras de Correos están a sufrir cargas de traballo inasumibles, que fan que se produzan retrasos nas entregas. e un incumprimento reiterado e clamoroso da lei do servizo postal universal. Os compañeiros e compañeiras da CGT en Correos seguen a denunciar o desmantelamento que está a sofrer o servizo postal universal e chama á cidadanía a non permitir o desmantelamento dun novo servizo público, uníndoso á manifestación que sairá do Obelisco ás 12:30 horas.
Mais información no Blog da Sección Sindical da CGT en Correos na Coruña
![DSC_0040[1]](http://www.cgtgalicia.org/wp-content/uploads/2014/12/DSC_00401-300x225.jpg)
