adecco noA sección sindical da CGT en Extel, empresa do grupo Adecco e subcontrata de Movistar, denuncia unha nova volta de torca da empresa respecto dos dereitos dos seus traballadores e traballadoras, ao executar unha sanción moi grave cunha suspensión de emprego e soldo de 15 días a unha traballadora afiliada á CGT e membro do Comité de Empresa.

O pasado 28 de octubre, a responsable de Relacións Laborais da empresa comunicoulle por escrito uns supostos feitos atendendo unha chamada. Feitos que en ningún caso constituen falta, pero que a empresa tipifica falsamente como moi graves. Tras desta agresión á compañeira agóchase un evidente atentado contra a liberdade sindical, có propósito de sementar o medo entre os traballadores e traballadoras, e tratar de calar aos delegados e delegadas da CGT. Esta inxustiza únese ao calvario que os traballadores e traballadoras de Extel están a padecer co ataque constante nun clima laboral abafante ditado pola empresa e o seu cliente, Movistar.

Fronte a estas agresións, a CGT non vai ficar parada nin calada. O vindeiro mércores, 12 de novembro, terá lugar o acto de conciliación previo á interposición da demanda correspondente. Neste acto a empreas ten a oportunidade de retirar esta inxusta sanción. Ese día, a CGT ten convocado unha Concentración diante das portas do SMAC na rúa de Salvador de Madariaga  nº9 (no C.C. Elviña) ás 10:30 horas, para demostrar a nosa unidade e solidariedade coa nosa compañeira inxustamente sancionada.

Mais información no Blog da CGT en Extel na Coruña

Sección Sindical da CGT en Extel na Coruña

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email