A compañeira Sandra, traballadora do departamento de Atención Norte da empresa do telemarketing EXTEL, afiliada á CGT e membro do Comité de Empresa ten sido fulminantemente sancionada pola empresa, con suspensión de emprego e soldo de 15 días, imputándolle unha falta moi grave dacordo co artigo 67.10 do Convenio colectivo de Contact Center (“malos tratos de palabra o de obra, falta grave de respeto y consideración…”).

manicgtcorunaNa notificación entregada á nosa compañeira, a empresa acusalle de cometer tales feitos nunha chamada que atendeu. Unha de tantas chamadas que os traballadores e traballadoras de Extel atenden diariamente, e unha conversa que todos e todas podemos chegar a manter cun cliente (tendo en conta o enfadados e enfadadas que chaman os clientes moitas veces e a presión a os traballadores e traballadoras a fin de que corten o antes posible para non pasarse do tempo establecido), na que en ningún caso a nosa compañeira falta ao respecto ou incumple operativa algunha. É evidente que a compañeira Sandra non cometeu ningunha falta, limitouse a atender a un cliente enfadado do mellor xeito que puido. É unha sanción inxusta e agocha un intento de taparlle a boca non só á compañeira, seno a toda a CGT na empresa, cousa que en ningún caso van a acadar.

A CGT vai a continuar exercendo a súa actividade sindical e a súa liberdade de expresión pese a quen lle pese, denunciando a presión e a precariedade á que estan sometidos os traballadores e traballadoras. Imos a seguir organizándonos para loitar contra esta despreciable multinacional. Extel y Adecco son expertos en traballo basura e en exercer violencia sistemáticamente contra os seus traballadores e traballadoras con sancións inxustas, acoso, precarias condicións laborais, despedimentos improcedentes e un longo etcétera de penurias. A solidariedade e o apoio mutuo de todos e todas é o único camiño para porlles freo.

Mais información no blogue da CGT en Extel na Coruña

Sección Sindical da CGT en Extel na Coruña

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email