Campamento DignidadA Plataforma de Movementos Sociais de Vigo, na que participa a CGT de Vigo, levantou un acampamento chamado da Dignidade ao término dunha manifestación celebrada o pasado sábado 27 de setembro. Este acampamento estaba ubicado diante da sé da Xunta de Galicia nos xardíns de Montero Ríos, e foi desaloxado catro días despois pola policía, con 40 antidisturbios, nocturnidade e alevosía, ás 5,30 horas da madrugada. Dende o día 13 ata a actualidade, o acampamento está instalado no Monte do Castro de Vigo, xusto ao pé da Cruz dos Caídos levantada polo réxime franquista.As circunstancias nas que permanecen os acampados e acampadas logo de tantos días non é cómoda, recibindo de forma constante, ata tres ou catro veces ao día, a visita da policía.

O pasado xoves, se ten realizado unha concentración no mesmo lugar do acampamento convocada por todos os colectivos e organizacións da Plataforma. A concentración comezou ás 19.30 horas e moitos dos asistentes portaban antorchas de parafina e velas. Os asistentes constituíronse en asembleia aberta tratando de comunicar os motivos que teñen levado a erguer o acampamento e a plantexar as reivindicacións dos excluidos e excluidas.

Ver video: Concentración en Campamento Dignidad Vigo 30/10/2014

 

Este acampamento conleva custes e por iso se ten aberto unha conta de solidariedade para recibir a axuda económica para poder acometer os gastos necesarios para continuar a acción. As aportacións deben ingresarse na conta bancaria ES97 0130 3001 1201 1053 2776, co concepto “cuenta campamento dignidad”.

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email