20141028_090833O longo deste semana, do 27 ao 30 de outubro, todos os días de 9:00h a 9:30h, os traballadores e traballadoras de Correos e a CGT concéntranse nas portas do centro de traballo da Avda. de Lugo, en Pontevedra. Denuncian os abusos, desprezos e acosos que están a sufrir a diario no seu posto de traballo, provocados polos responsables da unidade con total impunidade.
“Xa fartos, pedimos o seu cese”, pois “de seguir así e non se acadan solucións, verémonos na obriga de convocar unha folga ata que esta situación remate”.

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email