no_ere_atento_azagraNo día de hoxe, xoves 3 de xullo, celebrouse en Madrid a primeira reunión do período de consultas do ERE (Expedente de Regulación de Emprego) que a dirección de Atento Teleservicios España ten presentado. A partir de hoxe ábrese un prazo de negociación non superior a un mes no que, según a lei, débese traballar para “evitar ou reducir” os 823 despedimentos que a empresa pretende executar.

Para a CGT esos 30 días son o prazo que temos os traballadores e traballadoras para obrigar a ATENTO a retirar este ataque salvaxe aos nosos postos de traballo. Desde a CGT non aceptamos nin asumimos as causas que hoxe expuxo a dirección da empresa.

A propuesta da empresa por provincias é: Barcelona, 131 despidos; Lleida 25 despidos; Madrid, 187 despidos; Cáceres, 11 despidos; Bilbao, 69 despidos; Córdoba, 36 despidos; Sevilla 63 despidos; Jaén, 45 despidos; León, 48 despidos; Toledo 92 despidos; Valencia, 67 despidos; e A Coruña, 49 despidos.

Os criterios que propoñen para seleccionar aos compañeiros/as son subxectivos, arbitrarios e fácilmente manipulables. Como exemplo, pretende que aspectos como o TMO, ou estar de baixa por enfermidade sexan criterios obxectivos para despedir. Os criterios poden variar ao longo destes 30 días, polo que nestes momentos non hai ningunha lista de compañeiros/as que vaian a ser despedidos/as. Se teñen fixado os martes e os xoves como día de reunións durante todo o mes de xullo.

CGT ten convocado Asembleas de traballadores e traballadoras en todos os centros de traballo para decidirmos colectivamente as medidas a levar cabo. Animamos a todos e todas a asistir e participar.

Ademais, a CGT denuncia que, mentres a empresa plantexa unha medida tan traumática como esta para aforrar custos, a reunión se ten celebrado nun hotel de 5 estrelas, cun carísimo bufete de avogados (Garrigues) acompañado de economistas, técnicos e demais. Toda esta opulencia é escandalosa e frívola.

A CGT  alédalle saber que os sindicatos UGT, CCOO, USO e STC manifestaran que “ se oponen frontalmente” a este ERE. Animámoslles a que agora sexan consecuentes e apoien calquera medida de loita que os traballadores e traballadoras leven a cabo para defender os seus postos de traballo.

Sección Sindical da CGT en Atento na Coruña

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email