ere_noO martes 15 de xullo, os traballadores e traballadoras da empresa Atento, filial de Movistar ata finais de 2012, están chamadas a un paro de 24 horas en todo o estado para amosar o seu rexeitamento mais enérxico ao ERE presentado pola empresa, que pretende despedir a mais de 800 traballadores e traballadoras, 49 deles na Coruña. Coincidindo coa xornada de folga, a CGT ten convocado unha manifestación a partir das 12:00 horas que sairá desde Atento, na rúa de Juan Florez 80- 82.

O ERE encóntrase en proceso de negociación e ata hoxe se celebraron tres reunións nas que a empresa trata de xustificar o despedimento argumentando falsas causas económicas, productivas e organizativas. A CGT denuncia que Atento xera beneficios e que a carga de traballo é cada vez maior nos últimos meses, ao tempo que responsabiliza a Movistar de precarizar cada vez mais as condicións laborais e destruir emprego estable a través de empresas como Atento ou Extel. Lembramos que o plantel de ambas contratas leva realizando mobilizacións desde xaneiro, reclamando o cesamento das presións, abusos, ameazas e despedimentos inxustos e arbitrarios, todo isto froito das directrices que marca Telefónica.

Preto das tres cuartas partes do traballo que xera Atento no estado español é de atención ao cliente de Movistar, quen pretende ofrecer un valor engadido aos seus clientes –proximidade xeográfica e calidade nos seus servizos de atención- a costa de explotar aos seus traballadores e traballadoras, en maior medida aos subcontratados/as, que deben soportar ataques contra a súa saude e continuos e inxustificados despedimentos. Ata o de agora, a deslocalización dos servizos de Movistar (a Latinoamérica e Marrocos) provocaba precariedade e destrucción de emprego no estado español. Para a CGT é inconcebible que a anunciada volta á atención telefónica desde os centros de traballo no estado español siga a producir despedimentos e recortes laborais; a única explicación encóntrase na avaricia empresarial de Movistar e mailas súas contratas, que buscan aínda maior beneficio a costa dos dereitos laborais dos seus traballadores e traballadoras.

Mais información: Blog da Sección Sindical da CGT en Atento na Coruña

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email