A CGT de Pontevedra convoca unha concentración, polo fin do apartheid e o xenocidio do pobo palestino. Terá lugar o día 24 xullo, na Praza da Peregrina, ás 20:00h e consistirá nunha lectura de textos-denuncia da situación actual e recital de poesía palestina. Micrófono libre (ás organizacións, colectivos e persoas interesadas): “¡Palabras contra a guerra! Non ó despoxo e asesinato do pobo palestino! Non non noso nome!»
CGT Pontevedra manifesta a súa condena ó totalitarismo e terrorismo de estado executados polo goberno de Israel e á agresión militar contra o pobo Palestino, tanto na Franxa de Gaza como na Cisxordania palestina ocupada.
Por iso, dende CGT, queremos expresar o noso total rexeitamento á invasión de Gaza levada a cabo nas últimas semáns polo exército de Israel. Como rexeitamos frontalmente os bombardeos sistemáticos que o Goberno sionista ordenou executar contra a poboación da Franxa, asasinando indiscriminadamente e disparando contra casas, escolas, hospitais ou nenos xogando na praia, e nos sumamos a todas as voces que claman polo fin do ataque por parte de Israel, así como ás peticións de saída inmediata do seu exército de todo o territorio palestino, para hoxe e para sempre.
Por esta razón, a CGT convoca a toda a cidadanía de Pontevedra a participar e celebrar, en réxime de autoconvocatoria, esta Concentración, pois somentes a voz ceibe dá pobación mundial, ao marxe dous seus gobernos corruptos, todos eles (especialmente EE.UU e a Unión Europea, por suposto tamén o goberno español) garantes da impunidade dos crimes de Israel.

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email