ERE DESPIDOS 0,0Como resultado das Asembleas de traballadoras e traballadoras realizadas o pasado día 4 de Xullo en todos os centros de traballo a nivel estatal, a CGT convoca Folga de 24 horas para o vindeiro día 15 de xullo, en coincidencia coa cuarta reunión da Comisión negociadora.

Dende a CGT entendemos que non é momento de medias tintas, é moito o que nos xogamos e, entre todos e todas, debemos loitar para frear este ERE inxusto e inxustificado.

Tras a campaña de mobilizacións que levamos a cabo dende principios de ano, e que culminou coa folga de 24 horas do pasado 23 de xuño, os traballadores e traballadoras teñen trasmitido, a través das asembleas convocadas, que non hai que afrouxar o paso na loita. Se a situación era mala o día 23 de xuño, a día de hoxe é crítica.

Agardamos que todos os sindicatos con representación en Atento esteamos unidos pola defensa dos 823 postos de traballo que Atento quere destruír.

Ademais, os vindeiros martes 8 de xullo e xoves 10 de xullo haberá concentracións diante da empresa ás 11 e ás 18 horas.

Agora, máis que nunca… Non ao ERE en Atento, nin un paso atrás.

Sección Sindical da CGT en Atento na Coruña

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email