CGT de Galicia
http://www.cgtgalicia.org/2014/05/cronica-do-primeiro-de-maio-na-coruna/
Export date: Fri Dec 4 20:26:39 2020 / +0000 GMT

Crónica do Primeiro de Maio na Coruña


CIMG0432_webMáis dun milleiro de persoas manifestáronse hoxe entre a Praza de Pontevedra e a Praza do Humor, apoiando a convocatoria que fixo a CGT con outros sindicatos (CUT, STEG, SF e SE) en conmemoración do Primeiro de Maio. Baixo o lema "POLO REPARTO DA RIQUEZA E O TRABALLO, DIGNIDADE E LOITA", as rúas da Coruña enchéronse de berros, dignidade e ira contra este sistema explotador e inxusto que estamos a sufrir. Coreáronse lemas como "É indecente, xente sen casa e casas sen xente!", "Obreiro despedido, patrón colgado!", "Queremos traballar, non emigrar!", entre outros.

Ao final do percorrido, o acto rematou coa lectura do manifesto unitario das organizacións convocantes.

 
Post date: 2014-05-01 13:56:16
Post date GMT: 2014-05-01 12:56:16

Post modified date: 2014-05-01 13:56:16
Post modified date GMT: 2014-05-01 12:56:16

Export date: Fri Dec 4 20:26:39 2020 / +0000 GMT
This page was exported from CGT de Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com