Na xuntanza dos participantes locais da Plataforma Galega de apoio ás Marchas da dignidade (a Madrid, 22 de Marzo), celebrada este luns, 17 de febreiro, na sede da CGT en Pontevedra (edif. sindical, r/ Pasantería 1), acordouse iniciar a organización da Marcha “Pontevedra-Madrid” coas seguintes acións:
– Xoves, 20 febreiro, ás 20,30h, no edificio sindical, salón de actos: Asamblea aberta a todas as persoas, colectivos e organizacións sindicais e sociais interesados en participar nas Marchas.
– Sábado, 22 febreiro, ás 12:00h, na Praza da Peregrina, reparto do manifesto conxunto (pódese ler nesta mesma web da CGT de Galicia) e información sobre as Marchas.
– Mércores, 26 febreiro, ás 20:00h, Manifestación conxunta dende a Praza da Ferrería
Dende hoxe ata o 26 de febreiro, difusión, compromiso e adquisición dos billetes (40 €, por praza) para a saida e regreso a Madrid en tren especial o 22 de marzo.
A CGT de Pontevedra- Arousa fai un chamamento a toda a súa afiliación e a clase traballadora en xeral para que se incorpore a estas accións contra o paro e contra a política económica e social do goberno, e as difunda para seu maior éxito.

Comité Local CGT Pontevedra – Arousa

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email