telemarketingO vindeiro mércores, 8 de xaneiro, todos os traballadores e traballadoras de Extel en tódolos centros do estado español, mais os traballadores e traballadoras de Atento na Coruña, están convocados a secundar paros dunha hora por quenda de traballo, ás 12 e ás 19 horas.

Con estos paros, os traballadores e traballadoras van a dicir alto e claro: Basta!. Cansos de padecer infinidade de abusos por parte de Movistar-Extel-Atento, os traballadores e traballadoras afirmamos que non somos mercadoría en mans destas multinacionais que só procuran millonarios beneficios a baixos custes salariais.

A cobiza de Telefónica-Movistar non ten límites, presionando mais que nunca, e isto, se non o paramos, vai a ir a máis. É tempo de lles plantar cara, é hora de nos defender coa única ferramenta que temos os traballadores e traballadoras, a Folga.

O sector do telemarketing non está en crise. As subcontratas cada día ven engordadas as súas contas de multimillonarios beneficios, mentres a nós cada vez nos costa mais chegar a fin de mes, ao que hai que engadir a constante presión que estamos a sufrir.

O 8 de xaneiro temos a oportunidade de demostrar, todas e todos xuntos, que non estamos dispostos a seguir tragando, que somos persoas e non meros números. Todos os traballadores e traballadoras de Extel e Atento na Coruña estamos chamados a deslogarnos, baixar á rúa e concentrarmonos ante as portas das empresas. En Atento, coincidindo cos horarios de paros, haberá concentracións no acceso á empresa, na rúa de Juan Florez. No caso de Extel na Coruña, se realizará unha cadea humana que rodeará o Edificio Proa, amosando a toda a cidadanía que non estamos dispostos a que nos pisoteen mais. A continuación, nos reuniremos diante do hotel Attica, para partir en Manifestación ata a porta principal do Edificio Proa.

Os nosos dereitos non se negocian e loitaremos con eles custe o que custe.

Levántate, loita, participa e rodea a túa empresa. Faite oir !

Seccións Sindicais de CGT en Extel e Atento na Coruña

 

 

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email