mercadona24XContinuamos na loita contra Mercadona para conseguir a readmisión do compañeiro Fran, da CGT de Málaga, que foi despedido por dita empresa intentar constituir a Seción Sindical da CGT naquela localidade.
A primeiros do mes de outubro, a empresa Mercadona abriulle un expediente disciplinario ao compañeiro Fran, que tivo a ousadía de organizar e ser nomeado representante da Sección Sindical da CGT de Málaga na empresa. A súa intención era clara: desfacerse dos traballadores máis incómodos e entre eles está Fran, que se negara, pouco antes do expediente, a aceptar cartos para que se esquecese da actividade sindical. Efectivamente, o pasado día 10 de outubro, a empresa despediu ao compañeiro, que respondeu plantándose diante da empresa desde o luns, día 14, mentres a CGT de Málaga realiza concentracións diarias ante os supermercados.
A resposta da empresa é a típica do mundo gangsteril: ofrécelle a Fran unha importante cantidade de cartos e, por riba, diríxese a un cuñado do compañeiro, que tamén traballa na empresa, facéndolle ver que o seu posto de traballo depende do cese das protestas, intentando crear un clima hostil no ámbito familiar.
Estas prácticas, propias das mafias sicilianas, no van quedar impunes e van provocar o incremento das actuacións sindicais da CGT cara Mercadona ante a falta de respecto aos dereitos básicos dos seus traballadores.
Por isto a CGT da Coruña, en coordenación co resto da CGT convoca unha concentración que terá lugar o venres, día 24 de xaneiro, ás 19:00 horas, diante da entrada do supermercado de Mercadona da Avenida de Fisterra, número 265, da Coruña.

CGT da Coruña

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email