A CGT de Pontevedra convoca, para o venres, día 20 de decembro, ás 19:00h, unha concentración diante do Mercadona da Avenida de Vigo O motivo da concentración e a protesta polas prácticas antiobreiras desta empresa e o despedimento, en Málaga, de Fran, o Secretario da Sección Sindical da CGT recén constituida. Reproducimos o texto que a CGT de Pontevedra repartirá de novo ante as portas de Mercadona este día.

PRÁCTICAS MAFIOSAS EN MERCADONA
A primeiros do mes de outubro, a empresa Mercadona abriulle un expediente disciplinario ao compañeiro Fran, que se atreveu a organizar a Sección Sindical da CGT en Mercadona de Málaga. A súa intención era clara: desfacerse dos
traballadores máis incómodos e entre eles está Fran, que se negara, pouco antes do expediente, a aceptar cartos para que se esquecese da actividade sindical.
Efectivamente, o pasado día 10 de outubro, a empresa despediu ao compañeiro, que respondeu plantándose diante da empresa desde o luns, día 14, mentres a CGT de Málaga realiza concentracións diarias ante os supermercados.
A resposta da empresa é a típica do mundo gangsteril: ofrécelle a Fran unha importante cantidade de cartos e, por riba, diríxese a un cuñado do compañeiro, que tamén traballa na empresa, facéndolle ver que o seu posto de traballo depende do cese das protestas, intentando crear un clima hostil no ámbito familiar.
Estas prácticas, propias das mafias, no van quedar impunes e van provocar o incremento das actuacións sindicais da CGT cara Mercadona ante a falta de respecto aos dereitos básicos dos seus traballadores.
Por isto a CGT se concentra para proclamar que cada despedimento é unha agresión e ningunha agresión vai quedar sen a resposta solidaria correspondente.

SOLIDARIEDADE COS TRABALLADORES E TRABALLADORAS QUE LOITAN!

SE NOS TOCAN A ÚN, TÓCANNOS A TODOS!
READMISIÓN INMEDIATA DE FRAN!

Na CGT todas as decisións adóptanse na asamblea do sindicato, sen xefes nin burocracias; se declara libertaria e non autoritaria; federalista e non centralista; internacionalista, sen outra patria que a da clase traballadora e cuxo fin último e primeiro non é outro que a transformación da sociedade, para acabar coa inxustiza social, a discriminación económica e a explotación en calqueira das súas formas.
Se compartes con nós estes plantexamentos sindicais e sociais, necesitamos do teu compromiso. Afíliate á CGT para loitar xuntos, libres e solidariamente, contra este réxime social, político e económico que nos rouba e empobrece. Chama ó teléfono 627 791 645 ou ben escribe a Pontevedra (arroba) cgtgalicia.org

CGT, O TEU SINDICATO!