O vindeiro mércores, 16 de outubro, ás 19:30 horas, se celebrará na Federación de ANPAS da Coruña (Rúa do Orzán, 21), unha Charla Coloquio baixo o título “Movementos populares no norte de África”, con Arbi Kadri, militante libertario tunecino.

Arbi Kadri, militante libertario tunecino e licenciado en Historia pola Facultade de letras de Sousse. Participou no levantamento contra Ben Alí na súa ciudade, Regueb, provincia de Sidi Bouzid, que foi onde se iniciou o levantamento. Participou no comité de defensa da revolución que se fixo cargo do Concello de Regueb tras a caída do ditador ata a celebración das eleccións.Membro activo da Unión de Diplomad@s en Paro de Túnez (UDCT) ata este ano en que deixou a organización ao entrar a traballar este curso como profesor de Historia no Instituto de Regueb.

Esta charla enmárcase no programa das Xornadas Libertarias que está a desenvolver a CGT da Coruña con carácter previo ao XVII Congreso Confederal da CGT que terá lugar na nosa cidade entre o 17 e o 20 de outubro.

Dende o pasado día 4 ata o vindeiro 16 de outubro, se pode visitar no vestíbulo da UNED da Coruña, unha exposición sobre o Esperanto que constitue un percorrido pola historia e a actualidade desta lingua universal, creada por Lázaro Zamenhof e tan vencellada ao movemento libertario.

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email