DSC00872

A todos os traballadores, a toda a cidadanía:

O goberno actual está preparando a modificación da lexislación sobre as pensións. Non contento coa reforma de pensións aprobada polo PSOE, que elevou a idade ordinaria de xubilación ata os 67 anos, o PP, alegando que o sistema non é sostible, seguindo o ditado dos poderes financeiros e dos intereses do capitalismo máis ruín e cobizoso, pretende aprobar unha reforma que supón o inicio do desmantelamento do sistema público de pensións e dará entrada, dunha forma definitiva, aos intereses privados, que pretenden facer negocio coas necesidades básicas da poboación.

A reforma que pretenden, baseada en mentiras coas que nos intoxican continuamente, non só adianta a entrada en vigor do retraso na idade de xubilación, senón que, ademais, endurece os requisitos para ter dereito a unha pensión e modifica o cálculo dos importes aos que se terá dereito. Finalmente, as pensións –tamén as actuais- non se revalorizarán tendo en conta o custo da vida senón que dependerán da situación económica, é dicir, da vontade directa do goberno.

A consecuencia directa será que as pensións públicas pasarán a ser de mera subsistencia e caridade nun corto prazo e os que poidan terán que recorrer aos plans privados de pensións, que están ao alcance de moi poucos.

A sociedade ten a obriga de soster a aqueles que, coma os xubilados, xa aportaron o seu traballo para o benestar común e cotizaron durante moitos anos, e non se pode tolerar que se queira converter a estas persoas nunha carga para os seus parentes e amigos. Unha sociedade minimamente xusta e solidaria ten a obriga de garantir unha vida digna para aqueles que deron o seu esforzo durante a súa vida.

Mentres o pobo está espremido con impostos, con baixas xerais de salarios e prestacións, con millóns de parados, con perdas de vivendas, co desmantelamento dos servizos públicos, observamos cómo a chamada democracia é un sistema de corrupción xeralizada. É hora de sacalos das súas poltronas de ouro e de recuperar o que nos están roubando desde esta democracia de pacotilla.

A CGT fai un chamamento á poboación a que non se resigne, a que non acepte e loite en contra dos plans do goberno, e que reivindique unhas pensións públicas, suficientes na súa contía de xeito que garantan unha vida economicamente independente e que permitan afrontar a vida con dignidade.

 A Coruña, xullo de 2013

O día 29 de xullo, luns, ás 12:00 horas a CGT da Coruña convoca a todos os traballadores e á cidadanía en xeral a unha concentración diante do Centro de Atención e Información da Seguridade Social sito na rúa Félix Estrada Catoira esquina rúa Fernando Rey (preto da igrexa de san Pedro de Mezonzo)

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email