OLYMPUS DIGITAL CAMERAUn ano máis a CGT de Pontevedra renovou o seu compromiso na defensa do medio ambiente, do traballo e a saúde e pola recuperación da Ría para o benestar dos veciños e veciñas de toda a comarca, participando na XVIII Marcha anual polo Peche do complexo ENCE-Elnosa na marisma de Lourizán. Na longa marcha de aproximadamente tres kilómetros, uns chegados desde Marín e outros desde a Alameda de Pontevedra, unhas dous mil persoas concentrámonos diante de Celulosas. Durante a marcha, a CGT repartiu uns mil panfletos nos que destacaba súa posición nesta longa loita contra a única empresa de Celulosa en todo o estado, condenada por delito ecolóxico.

Este é o texto repartido:

“ O traballo crea riqueza. O capitalismo salvaxe a destrúe. En defensa do traballo e o disfrute social da riqueza: ENCE FORA DA RÍA
Un dos feitos máis importantes que diferencian á CGT de outras organizacións é que a CGT é un sindicato “finalista”, cuxa actividade sindical ten o doble obxectivo de, por unha banda, mellorar día a día as condicións laborais, económicas e sociais da clase traballadora e, por outra, lograr unha sociedade máis xusta que a actual, na que os bens da natureza e a riqueza colectivamente producida sexan por todos disfrutados, sen privilexios nin desigualdades, para deixar ós nosos fillos un mundo mellor do que herdamos.
Na CGT os traballadores, sexa cal fora a súa condición particular, unímonos para levar a cabo de xeito cotiá esa loita final. Por isto, na CGT a acción estrictamente sindical nas empresas e a acción social e cívica en defensa da natureza, da saúde, da vivenda, da solidariedade social son só dos aspectos dunha mesma loita.
Esta é a razón de que sexa a CGT a única organización sindical que en Pontevedra convoca e participa cada ano, sen ambaxes, na esixencia do peche de ENCE en Lourizán
A construción do complexo industrial de Celulosas sobre o banco marisqueiro de Lourizán impuxo a perda de innumerables postos de traballo e a destrución da ría. ENCE contamina, atenta permanentemente contra a saúde dos traballadores, as súas familias e veciños de toda a Ría, destrúe delictivamente a riqueza marisqueira e pesque- ira, empobrece o monte galego e asfixia económica e socialmente unha inmensa área de grandes posibilidades.
A CGT alenta ós traballadores e traballadoras pontevedreses para dicir xuntos que non toleraremos que a Ría –a casa natural que compartimos cos nosos fillos, veciños e amigos- continúe a ser privatizada e contaminada pola presenza de ENCE.
Na CGT todas as decisións adóptanse na asamblea do sindicato, sen xefes nin burocracias; se declara libertaria e non autoritaria; federalista e non centralista; internacionalista, sen outra patria que a da clase traballadora e cuxo fin último e primeiro non é outro que a transformación da sociedade, para acabar coa inxustiza social, a discriminación económica e a explotación en calqueira das súas formas.
Se compartes con nós estes plantexamentos sindicais e sociais, necesitamos do teu compromiso. Afíliate á CGT para loitar xuntos, libres e solidariamente, contra este réxime social, político e económico que nos rouba e empobrece. Chama ó teléfono 627 791 645 ou ben escribe a cgt@cgtpontevedra.com

Comité Local de Pontevedra da CGT, maio de 2013

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email