O Banco Santander vai despedir, en menos de 15 días, a máis de 300 traballadores, contando coa vergoñenta colaboración do holding sindical CC.OO.-UGT-FITC-SEB cando asinaron o lamentable acordo laboral de fusión que permite tantos despidos como lle pete á empresa.

En Galicia as direccións de Recursos Humanos, tanto do Banesto como do Santander, comezaron a chamar aos comañerios (todos eles de idades inferiores a 50 anos) para comunicarlles, mediante unha carta, a baixa «voluntaria» na empresa, cunha indemnización de 50 días por ano (máximo 42 mensualidades). De non aceptar, xa os avisan de que os van botar igual, aplicando a reforma laboral. A falta de respecto á dignidade dos traballadores é tal que teñen a desvergoña de citalos nos departamentos de Recursos Humanos do xeito seguinte: se traballas no Santander, vas pola sentencia ao Banesto e se traballas no Banesto, danche a puntilla no Santander, sen permitir, ademáis, que sexan acompañados por un representante sindical.

Hai que denunciar a actitude dos sindicatos responsables da sinatura do acordo, que agora din que o que fai o banco é ilegal, sen admitir ningún tipo de culpabilidade nin remorsos pola súa parte ante o drama persoal e familiar que se abate sobre os afectados; era moi claro, e así o denunciamos no seu momento, que o acordo lle ía permitir ao banco facer o que quixera. A así o está facendo.

CGT, que no seu momento rechazou a sinatura deste acordo, seguirá loitando contra el con todos os medios ao noso alcance, incluidas as mobilizacións que sexan necesarias.

Sección Sindical Provincial CGT Sanander-Banesto da Coruña