CGT da Coruña decidiu apoiar e acudir á manifestación contra a Troika que, en concordancia con outras cidades europeas e do resto do mundo, terá lugar na Coruña o próximo sábado, día 1 de xuño, e que sairá, ás 19:00 horas, da Praza de Pontevedra.
 
A CGT da Coruña acudirá á manifestación por coincidir na cuestión básica: (oposición ás políticas da Troika e denuncia da situación que estas políticas de agresión aos dereitos conseguidos están causando entre os pobos do mundo).

Comité Local da CGT da Coruña