Ofrenda floral aos mortos na folga de 1901

O vindeiro domingo, día 2 de xuño, ás 12:30 horas, no cemiterio de San Amaro da Coruña, terá lugar a tradicional ofrenda floral que cada ano ven organizando a CGT da Coruña en lembranza dos obreiros e obreiras que foron vítimas da represión durante a folga xeral (a coñecida como folga dos “consumeros”) que tivo lugar na cidade da Coruña os días 30 e 31 de maio e día 1 de xuño de 1901.
A homenaxe terá lugar fronte ao monolito que foi levantado polas sociedades obreiras coruñesas e sufragado por subscrición popular no ano 1906.

Ao seu término, farase outra ofrenda ante o conxunto escultórico situado na Avenida de Navarra en lembranza de tódolos represaliados polo franquismo.

Mais información sobre os sucesos de 1901: A folga de 1901