Continúan as mobilizacións impulsadas pola Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos, na que participa a CGT e que coordina a 18 organizacións sindicais e sectoriais. Así, o vindeiro xoves, 21 de febreiro, se celebrarán de xeito simultaneo concentracións nas principais cidades galegas. En Pontevedra, a concentración está convocada ás 20 horas, diante do Edificio da Subdelegación do Governo, que está situado na praza de España.
A CGT de Pontevedra chama á participación, non só de todos os empregados públicos, senón tamén de todos os traballadores e traballadoras para seguer a loitar na defensa duns servizos públicos de calidade para todos e todas.

CGT Pontevedra – Arousa, Comité Local

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email