PRÓXIMAS CONCENTRACIÓNS:

21/febreiro/2013 – Praza do Rei (Concello de Vigo) de 11h a 13h.
22/febreiro/2013 – Praza Fdo. Católico de 18h a 20h
25/febreiro/2013 – Praza do Rei (Concello de Vigo) de 11h a 13h
01/marzo/2013 – Praza Fdo. Católico de 18h a 20h

Corría mediados do verán do 2011 cando se produce un cambio de concesión NON MOI NORMAL na xestión dos aparcamentos da Rúa Coruña, Rúa Venezuela e Praza de Fernando O Católico. Motivo polo cal e dada a inquedanza dos traballadores destes aparcamentos contamos coa alcaldía. Momento que O SEÑOR ALCALDE DE VIGO aproveitou para saír á opinión pública ASEGURANDO en rolda de prensa, que “OS POSTOS DE TRABALLO ESTABAN ASEGURADOS”.

isolux corsan logoUns meses despois, o 29 de outubro do 2012, a empresa de Madrid “APARCAMIENTOS GÓMEZ-ULLA” filial da macroempresa ISOLUX –CORSAN, despediu a tres traballadores cunha indemnización de 20 días por ano traballado dacordo coa reforma laboral do señor Rajoy.

Cando lle preguntamos ao señor alcalde se tiña coñecemos deste feitos perpretados nestes aparcamentos de titularidade municipal, remitiunos ao SEÑOR FONT, que a día de hoxe aínda estamos esperando a proposta de mediación que lle solicitamos e aceptou de boa fe.

No ámbito do convenio polo que se regulan as relacións laborais deste sector, cómpre suliñar que en toda Galicia non existe un só aparcamento que estea aberto 24 horas sen ningún traballador presente.

Os tres traballadores despedidos viñan desempeñando a súas funcións na quenda de noite por orde da empresa, QUEN DECIDE SUPRIMILA, AÍNDA QUE OS APARCAMENTOS QUEDAN ABERTOS DURANTE TODA A NOITE E COA SÚA ACTIVIDADE NORMAL.

Así mesmo parece que nesta cidade, esta todo permitido, xa que na maioría dos aparcamentos municipais os traballadores pertencen a empresas subcontratadas ou ETT’s, cando o resto das empresas de aparcamentos de Galicia, posúen traballadores propios.
Desde este Sindicato, cremos que o Concello de Vigo, TEN QUE PÓR FIN A ESTAS PRÁCTICAS, xa que nos últimos anos asistimos a unha continua febre inauguradora de aparcamentos municipais que xa en orixe comezan sen un só traballador no seu cadro de persoal. Feito que temos posto en coñecemos da autoridade laboral correspondente, e todos os inspectores de traballo que visitaron os citados centros din na súas actas que existe “CESIÓN ILÍCITA DE TRABALLADORES”, sancionando á empresa a MULTAS por SANCIÓNS MOI GRAVES.

Doutra banda, cremos que non é a mellor práctica, esperar a que haxa algunha desgraza nunha instalación municipal para que salten as alarmas. Por poñer só uns exemplos, nos últimos anos téñense producido na quenda de noite até 3 inundacións E UNHA MORTE NO APARCAMENTO DE FERNANDO O CATÓLICO; roubos na máquina coa súa recadación na rúa Venezuela e presenza continua de drogadictos coas súas pertenzas, no aparcamento da Rúa Coruña.

Mencionar por último, a inseguridade para os vehículos que quedan depositados na quenda de noite, nos tres aparcamentos, así como o risco de incendio e outras deficiencias no servizo a cidadanía que están contidas no prego de condicións desta CONCESIÓN DE TITULARIDADE MUNICIPAL.

Ante este apropelo o que pedimos e …

DESPEDIDOS READMISIÓN!!!!

Como xa anunciabamos nos derradeiros meses, os tres despedidos abren o camiño ao resto… con data 30/01/13  XA HAI UN CARTO TRABALLADOR DESPEDIDO.

 

ISOLUX DESPIDE, CONCELLO RESPONSABLE.