O DÍA 14, PAREMOS O PAÍS, PAREMOS AOS MALFEITORES
A CGT convoca, o próximo 14 de novembro, en coincidencia co resto de centrais sindicais, un Paro Xeral de 24 horas para protestar pola política antiobreira e antisocial do goberno e esixir a derrogación das medidas de reforma laboral e dos recortes de dereitos en todos os eidos. Esta protesta coincidirá tamén coas mobilizacións na maior parte de países europeos, así como con folgas xerais en Portugal, Italia, Grecia, Chipre e Malta.
Para a CGT, a situación que están pasando as clases populares, ante a indiferenza do poder, é intolerable. Case seis millóns de persoas sen traballo, preto de dous millóns de familias con todos no paro, máis de 500 familias que perden a súa vivenda cada día, un 20% da poboación en risco de exclusión e 8 millóns de nenos por baixo do albor de pobreza. Se a isto lle engadimos os recortes en educación, sanidade e dereitos laborais, teremos una fotografía arrepiante que hai que atallar. Read More