CGT da Coruña, unitariamente co resto de sindicatos da Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos, convoca á manifestación que o próximo luns, día 15 de outubro, ás 19:00 horas, sairá da Praza de Pontevedra da Coruña co obxectivo da manifestación é a de amosar a nosa protesta polos recortes antisociais do gobernos e polo desmantelamento dos Servizos Públicos, que están afectando aos sectores máis débiles da poboación. Ao mesmo tempo, están entregando nas más privadas o que ata agora era de todos (transporte ferroviario, sanidade, educación), roubándonos o que nos custou décadas acadar. Estas políticas ocúpanse dos pobres banqueiros, pero nos recortan dereitos laborais e sindicais, nos baixan as prestacións do paro, fannos pagar máis polas menciñas, recortan salarios e pagas, déixannos sen vivendas… Non podemos consentir que nos sigan esquilmando e temos que paralos. E entre todos podemos.

BASTA XA DE MENTIRAS E DE RECORTES!

TODOS Á RÚA O DÍA 15!

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email