A CGT ten acordado intensificar as mobilizacións que se veñen producindo contra os recortes e as reformas antiobreiras do Goberno, promovendo unha mobilización social xeralizada e contundente, mediante Xornadas de Loita que nos conduzan á convocatoria dunha Folga Xeral con capacidade real de afectar os intereses económicos da élite dirixente, capaz de enfrontar a ofensiva de recortes e reformas contra os nosos dereitos por parte do goberno e maila patronal.

A CGT da Coruña, no marco da Xornada de Loita do vindeiro 17 de setembro, chama a toda a súa afiliación e militancia, así como ao conxunto da clase obreira coruñesa a participar na manifestación en defensa do ferrocarril público e social, en coincidencia coa folga no sector ferroviario que teñen convocado, de xeito unitario, todalas organizacións sindicais con representación nos Comités de Empresa de ADIF, Renfe e Feve.

A Manifestación partirá da Estación de Mercadorías de San Diego, ás 19:30 horas, e rematará na Estación de San Cristobal.

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email