Como anunciou onte a representación das traballdoras de Alfageme, hoxe continúan as mobilizacións da plantilla  en defensa dos seus postos de traballo e da continuidade  da actividade industrial conserveira  na comarca de Arousa. Hoxe decidiron, coa participación da CGT, trasladar o seu encerro á sede da Consellería de Economía e Industria, en San Caetano. O obxectivo desta mobilización é a de esixir a presenza dun responsable do goberno galego ao máximo nivel para que dea explicacións sobre a paralisación do acordo asinado pola Xunta e todas as partes implicadas hai un ano e que garantía a reanudación da actividade produtiva das fábricas de Vilaxoán e Ribadumia.

Para a CGT, non se pode desvincular o pagamento dos avais por 33 millóns de euros aos bancos do inicio inmediato  da produción das dúas fábricas, posto que se se fai así significaría que a Xunta se faría dona dos terreos para especular con eles e non para a actividade conserveira.

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email